Tecnópole acolle un taller práctico sobre FEDER-INNTERCONECTA 2 organizado pola Axencia Galega de Innovación

A Axencia Galega de Innovación organizou o 13 de marzo un taller práctico sobre o programa FEDER-INNTERCONECTA no Parque Tecnolóxico de Galicia. A xornada centrouse nas características da convocatoria aberta á presentación de proxectos, co obxectivo de axudar ás empresas a resolver as dúbidas que poidan ter na preparación das súas solicitudes. Neste sentido, algunhas delas aproveitaron a oportunidade de realizar entrevistas bilaterais con técnicos do Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) para revisar ideas ou propostas de proxectos.

n
n

nA convocatoria do programa FEDER-INNTERCONECTA 2 permanecerá aberta ata o 4 de abril. En total, contempla un investimento de 75 millóns de euros procedentes de fondos públicos (60 millóns do Fondo Tecnolóxico Europeo máis 15 achegados pola Xunta de Galicia en concepto de cofinanciamento), que en total suporán a mobilización de 150 millóns de euros sumando a achega das empresas.
n
nOs proxectos presentados, cunha contía mínima de 1,5 millóns de euros, teñen que ter unha duración de tres anos e ser executados por consorcios formados por entre tres e dez empresas, cun mínimo do 15% do presuposto reservado para a subcontratación de centros tecnolóxicos e de investigación. Fronte á fórmula inicial baseada no empréstito, o programa promovido pola Xunta contempla a opción da subvención a fondo perdido ao máximo que permite a UE segundo a tipoloxía das empresas. As axudas poden alcanzar o 40% para grandes empresas, o 50% para medianas e o 60% para pequenas, coa posibilidade de financiar a amortización de activos fixos, horas de persoal propio, materiais, subcontratacións e gastos xerais.
n
nAs innovacións propostas deben ser de alto impacto e ter como obxectivo a creación ou mellora de produtos, procesos e servizos e presentar unha clara orientación ao mercado.
n
nEste programa é a continuación do iniciado en 2012, que se traduciu en 26 proxectos en áreas de actividade estratéxicas para Galicia e cun gran potencial comercial e de creación de emprego. Estes implican a un total de 106 empresas galegas e supoñen un investimento inducido en centros tecnolóxicos e universidades de máis de 13 millóns de euros para sufragar a súa colaboración nos proxectos.
n
n(Fonte: Tecnópole)

n