A Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración co Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI), está a organizar na Tecnópole un taller de revisión de propostas de proxectos ao Programa Innterconecta 2015 no ámbito das tecnoloxías agrarias e forestais. A xornada terá lugar o vindeiro martes 16 de xuño e está aberta a inscrición.
A convocatoria Innterconecta está destinada a financiar proxectos de desenvolvemento experimental en cooperación entre empresas de comunidades destinatarias de fondos FEDER, como é o caso de Galicia.
A xornada, que terá carácter práctico, consistirá en reunións bilaterais entre axentes galegos e un técnico do CDTI especializado nos ámbitos agrario e forestal. As empresas que teñan xa unha solicitude de proxecto avanzada e desexen manter unha reunión bilateral deben inscribirse a través deste formulario e enviar a ficha coa descrición da súa proposta. A data límite para inscrición e envío da ficha do proxecto será o día 15 de xuño ás 12:00 horas.