A xornada, que se celebrará de maneira presencial en Santiago, terá lugar entre as 12.00 e as 14.00 horas. O programa pode consultarse aquí.
O director da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Manuel Varela, abrirá a xornada explicando as oportunidades que se abrirán para as empresas coa posta en marcha da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3).
A continuación, o xefe da División de Promoción e Coordinación do CDTI, Nabil Khayyat, exporá os instrumentos de financiamento ofertados por este organismo, con especial atención ao programa Cien, que abrirá o prazo de presentación de solicitudes o próximo 15 de xullo. O Programa Estratéxico de Consorcios de Investigación Empresarial Nacional (Cien) financia grandes proxectos de investigación industrial e de desenvolvemento experimental, desenvolvidos en colaboración efectiva por agrupacións empresariais e orientados á realización dunha investigación planificada en áreas estratéxicas de futuro e con potencial proxección internacional.
Finalmente, serán desagregadas as liñas de axuda e os servizos da GAIN abertas a empresas.
Programa Eurostars en xullo
O próximo 18 de xullo haberá outra xornada retransmitida a Tecnópole por videoconferencia, nesta ocasión centrada no programa Eurostars, que ten por obxectivo apoiar ás pemes intensivas en I+D que desenvolvan produtos, procesos e servizos innovadores, co fin de incrementar as súas vantaxes competitivas.
O programa pode consultarse aquí.