Durante a xornada presentaranse as oportunidades de financiamento que ofrecen os programas europeos de investigación e innovación para dar resposta ao reto do envellecemento da poboación, que á súa vez representan unha oportunidade para as empresas innovadoras.
Tamén se darán a coñecer as iniciativas que se están levando a cabo en Galicia neste campo de coñecemento, que protagoniza un dos tres grandes retos da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3).
A xornada, que terá un carácter eminentemente práctico, estará centrada nos incentivos e os servizos de apoio que a Axencia Galega de Innovación (GAIN) pon a disposición das pemes galegas e dos axentes de innovación para a elaboración de propostas e darase resposta ás dúbidas dos asistentes.
O programa pode consultarse aquí e para participar pódese tramitar a inscripión aquí.