Este 28 de outubro Tecnópole acollerá por videoconferencia a presentación das axudas da Unión Europea para empresas do sector das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. A xornada, organizada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) coa colaboración da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) e INEO, celebrarase de xeito presencial en Vigo entre as 10.00 e as 13.30 horas.
Baixo o título “Horizon 2020. Oportunidades de financiamento no sector das TIC”, o obxectivo da xornada é informar sobre os requisitos e condicións destas axudas, con consellos prácticos para elaborar propostas exitosas, e presentar os servizos de apoio á participación no programa que ofrece a Axencia Galega de Innovación.
O evento contará coa participación dun experto do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), que exporá as características destas axudas e as regras de participación.
O programa pode consultarse aquí e para participar pódese tramitar a inscrición aquí.
(Fonte: Gain)