Tecnópole acolle a “III Lonxa de financiamento para proxectos biotecnolóxicos” organizada por Bioga

Tecnópole acollerá o próximo 9 de outubro a "III Lonxa de financiamento para proxectos biotecnolóxicos" organizada polo Cluster Galego Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga). Baixo o lema "Buscamos grandes ideas para investir", o III Bio Investor Day estará aberto a promotores de proxectos no ámbito da biotecnoloxía interesados en conseguir financiamento.

n
n

nO prazo de recepción de candidaturas de proxectos para poder acceder á rolda de financiamento está aberto ata o 23 de setembro. Nesta edición, tras a selección de proxectos entre as solicitudes recibidas, os finalistas contarán cunha sesión individual preparatoria o 2 de outubro para preparar a súa presentación o día do evento. As candidaturas poden enviarse a inversion@bioga.org.
n
nNos próximos días farase público en www.bioga.org o programa cos fondos de investimento participantes e a estrutura do evento.
n
n(Fonte: Bioga)

n