Tecnópole acogerá una jornada sobre innovación en el sector de la biotecnología

O próximo 2 de decembro celebrarase en Tecnópole a xornada de sensibilización 'Innovación e competitividade no sector biotecnoloxía', dirixida ás pemes galegas do sector. Nela, as empresas Telstar, Keramat, Cenbimo e Invatia Research exporán os seus caso de éxito vinculados á aplicación de procesos de innovación.
n
nA xornada está incluída nun conxunto de accións que desenvolve a Escola de Organización Industrial EOI en colaboración coa Consellería de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de I+D+I, e que teñen como obxectivo común favorecer a implantación e desenvolvemento de iniciativas de I+D+i e transferencia tecnolóxica nas empresas, preferentemente nas pemes. Estas accións contan co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER.
n
nEsta xornada pretende dinamizar a incorporación de innovacións biotecnolóxicas en pemes de diversos sectores maduros (alimentario, químico, farmacéutico, cosmético, téxtil, papeleiro, etc.) en Galicia. A xornada estimulará a transferencia tecnolóxica mediante a presentación de estratexias de incorporación da biotecnoloxía a sectores usuarios e implantación de solucións biotecnolóxicas en sectores tradicionais.
n
nO número de prazas está limitado a 20. A inscrición pode realizarse en innobio@eoi.es.
n
nCasos de éxito
n

nA empresa Telstar dedícase ao deseño, fabricación e comercialización de equipos de alta tecnoloxía para a industria en xeral e especialmente para empresas vinculadas ás ciencias da vida e a saúde. Recoñecida polo desenvolvemento de liofilizadores, autoclaves para esterilización, salas brancas, cabinas de seguridade biolóxica, illantes e módulos de fluxo laminar, entre outros, Telstar deseña e fabrica solucións tecnolóxicas á medida para industrias e servizos dos sectores da biotecnoloxía, médico e farmacéutico.
n
nCenbimo nace en 2004 coa meta de fabricar un novo tipo de sondas de DNA monocatenario longas que poidan ser aplicadas en hibridación in situ para detectar a expresión de xenes (Bioloxía Molecular Visible). Con este reactivo diagnóstico pódense diferenciar diversos tipos de tumor aparentemente parecidos e pódense obter datos acerca do potencial metastásico dos tumores e indicacións sobre terapia. Tamén se poden detectar virus e xenes bacterianos involucrados en tumores ou enfermidade humana e animal. No momento actual ningún outro laboratorio no mundo posúe esta tecnoloxía.
n
nKeramat é unha empresa creada no ano 1999 como resultado dos traballos de investigación levados a cabo polo Departamento de Biomateriais do Instituto de Cerámica de Galicia (Universidade de Santiago). A súa actividade principal é o deseño, fabricación e comercialización de biocerámicas de fosfatos cálcicos destinadas ao seu uso como implantes óseos en calquera especialidade cirúrxica na que sexa necesaria a rexeneración ósea, especialmente en neurocirurxía, traumatoloxía e odontoloxía.
n
nInvatia Research é unha empresa de base tecnolóxica con sede en Tecnópole do sector agroalimentario dedicada á investigación, produción e comercialización de aceite de oliva galego de alta calidade. A empresa traballa na incorporación dunha variedade autóctona desaparecida na comunidade autónoma, optimizando a súa adaptación ao ámbito, dende un punto de vista ambiental e bioclimático.
n
n(Fonte: EOI)