Tecnópole abre o período de recepción de proxectos para a Galiciencia 2013 ata o 23 de outubro

Tecnópole acaba de abrir o prazo de recepción de proxectos para a 'Galiciencia 2013' ata o próximo 23 de outubro. Os equipos de estudantes de Secundaria aspirantes a expoñer na maior feira científica que se celebra anualmente en Galicia poderán facer chegar as súas propostas innovadoras ata esa data para competir no proceso que levará á selección dos 50 participantes definitivos.

n
n

nO evento, que chega á súa oitava edición, terá lugar entre o 20 e o 22 de novembro nas instalacións do Parque Tecnolóxico de Galicia, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas. A súa celebración é posible grazas ao apoio da Consellería de Economía e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación.
n
nAs bases de participación na 'Galiciencia 2013' están dispoñibles na web de Tecnópole (www.tecnopole.es). O requisito fundamental é formar un equipo no que participen varios alumnos e un profesor e contar a idea en tres folios, xa sexa proxectos experimentais e tecnolóxicos ou traballos documentais. O comezo do curso escolar supón o inicio da preparación dos proxectos para os equipos, moitos dos cales xa se puxeron en contacto con Tecnópole no mes de xuño para manifestar o seu interese en participar. O incremento continuado de proxectos presentados ao longo dos anos obrigou nas últimas edicións a incluír un proceso previo de selección que se repetirá este ano e que garante a exposición dos mellores traballos, tendo en conta que a súa calidade crece ano a ano dende o principio.
n
nÁ parte de facilitar o desprazamento e a estancia dos estudantes en Ourense e montar a infraestrutura da feira, Tecnópole organiza actividades paralelas para o público e para os propios participantes. Este ano haberá, entre outros, varios talleres relacionados coa celebración do Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga e un espectáculo científico que poderá seguirse en streaming (en vídeo vía internet) dende todos os centros de ensino de Galicia.
n
nCurso para profesores
n
nComo novidade, a programación da Galiciencia incluirá este ano unha actividade demandada polos docentes galegos e que terá lugar de xeito previo á celebración do evento. Entre outubro e principios de novembro celebraranse nas catro provincias talleres de capacitación dirixidos aos profesores e profesoras para que poidan axudar aos seus estudantes a preparar proxectos científicos, tanto para presentar á edición da Galiciencia do ano próximo como a outros certames similares de carácter estatal.
n
nAdemais, a programación da Galiciencia incluirá un concurso de fotografía e debuxo e un proxecto colectivo de vídeo que dará como resultado unha reportaxe audiovisual elaborada coas achegas de todos os participantes. Por outra banda, volverase montar a redacción da revista oficial da Galiciencia, composta por alumnos e alumnas participantes no evento e que traballará para ofrecer aos asistentes o número impreso o último día da feira.
n
nO obxectivo principal da Galiciencia é servir de punto de encontro para rapaces e rapazas da ESO, de Bacharelato e de FP con ideas innovadoras e con ganas de mostralas ao público nos stands que Parque Tecnolóxico de Galicia pon á súa disposición durante tres días en réxime de portas abertas.
n
n(Fonte: Tecnópole)
n

n