Tecnópole abre o período de recepción de proxectos para a Galiciencia 2012 ata o 23 de outubro

n

Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole abre o prazo de recepción de proxectos para a ‘Galiciencia 2012’ ata o próximo 23 de outubro. Os equipos de estudantes de Secundaria aspirantes a expoñer na maior feira científica que se celebra anualmente en Galicia poderán facer chegar as súas propostas innovadoras ata esa data para competir no proceso que levará á selección dos 50 participantes definitivos.

n

n


n

 

n

n

O evento, que chega á súa sétima edición coincidindo co vixésimo aniversario da Tecnópole, terá lugar entre o 21 e o 23 de novembro nas instalacións do Parque Tecnolóxico de Galicia, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas. A súa celebración é posible grazas ao apoio da Consellería de Economía e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación, e da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt), que dende o ano pasado considera a Galiciencia evento de referencia da Semana da Ciencia en España.

n

 

n

As bases de participación na ‘Galiciencia 2012’ están dispoñibles na web de Tecnópole. O requisito fundamental é formar un equipo no que participen varios alumnos e un profesor e contar a idea en tres folios, xa sexan proxectos experimentais e tecnolóxicos ou traballos documentais. O comezo do curso escolar supón o inicio da preparación dos proxectos para os equipos, moitos dos cales xa se puxeron en contacto coa Tecnópole no mes de xuño para manifestar o seu interese en participar. O incremento continuado de proxectos presentados ao longo dos anos obrigou nas últimas edicións a incluír un proceso previo de selección que se repetirá este ano e que garante a exposición dos mellores traballos, tendo en conta que a súa calidade medra ano a ano dende o principio.

n

 

n

Á parte de facilitar o desprazamento e a estancia dos estudantes en Ourense e montar a infraestrutura da feira, Tecnópole organiza actividades paralelas para o público e para os propios participantes. Este ano haberá, entre outros, un taller relacionado coa celebración do Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos e outro sobre a figura de Antonio Casares, homenaxeado este ano no Día do Científico Galego.

n

 

n

Ademais, para implicar aos participantes na celebración do seu vixésimo aniversario, a Tecnópole incluirá na programación da Galiciencia tres concursos: un de fotografía, un de artigos científicos e outro de lemas sobre a sostibilidade. Por outra parte, logo do éxito da primeira edición en 2011, volverase montar a redacción da revista oficial da Galiciencia, composta por alumnos e alumnas participantes no evento e que traballará para ofrecerlles aos asistentes o número impreso o último día da feira.

n

 

n

O obxectivo principal da Galiciencia é servir de punto de encontro para rapaces e rapazas da ESO, de Bacharelato e de FP con ideas innovadoras e con ganas de mostralas ao público nos stands que Parque Tecnolóxico de Galicia pon á súa disposición durante tres días en réxime de portas abertas.

n

n

 

n

n

 

n