Tecnópole -Parque Tecnolóxico de Galicia- abre o prazo de recepción de proxectos para a ‘Galiciencia 2010’ ata o 25 de outubro. Os equipos de estudantes de Secundaria aspirantes a expoñer na maior feira científica que se celebra anualmente en Galicia, poderán facer chegar as súas propostas innovadoras para competir no proceso que levará á selección dos 50 participantes definitivos.
n
nO evento, que este ano chega á súa quinta edición, terá lugar entre o 24 e o 26 de novembro nas instalacións do Parque Tecnolóxico de Galicia, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas.
n
nAs bases de participación na ‘Galiciencia 2010’ están dispoñibles na web de Tecnópole. O requisito fundamental é formar un equipo no que participen varios alumnos e un profesor e contar a idea en tres folios, xa sexan proxectos experimentais e tecnolóxicos ou traballos documentais. O comezo do curso escolar supón o inicio da preparación dos proxectos para os equipos, algúns dos cales xa se puxeron en contacto coa Tecnópole no mes de xuño para manifestar o seu interese en participar.
n
nÁ parte de facilitar o desprazamento e a estancia dos estudantes en Ourense e montar a infraestrutura da feira, Tecnópole organiza actividades paralelas para o público e para os propios participantes. Este ano, ademais da presenza xa habitual do divulgador Adolf Cortel, coas súas conferencias de ciencia divertida, haberá obradoiros relacionados coa celebración do Ano Internacional da Diversidade Biolóxica.
n
nO obxectivo principal desta iniciativa, que Tecnópole organiza co patrocinio da Dirección Xeral de I+D+I da Consellería de Economía e Industria, é servir de punto de encontro para rapaces e rapazas da ESO, de Bacharelato e de FP con ideas innovadoras e con ganas de mostralas ao público nos stands que Parque Tecnolóxico de Galicia pon á súa disposición durante tres días en réxime de portas abertas.
n
nCiencia en Acción
n
nO compromiso de Tecnópole coa divulgación da tecnoloxía e da innovación entre os máis novos intensifícase este ano co apoio á celebración en Galicia do certame ‘Ciencia en Acción’. Con motivo da celebración do Ano Xacobeo e grazas ao patrocinio do Parque Tecnolóxico de Galicia, o maior certame de divulgación científica e tecnolóxica de fala hispana e portuguesa terá lugar a principios de outubro en Santiago de Compostela, cunha previsión de asistencia de 15.000 persoas.
n
- Home
- Actualidade
- Tecnópole abre o período de recepción de proxectos para a ‘Galiciencia 2010’ ata o 25 de outubro
Tecnópole abre o período de recepción de proxectos para a ‘Galiciencia 2010’ ata o 25 de outubro
- Xoves 9 Setembro 2010