A web de Tecnópole conta cunha nova sección orientada á difusión de ofertas entre as súas empresas. A partir de agora, calquera empresa ou emprendedor con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia poderá publicar as promocións especiais dirixidas ao resto de empresas domiciliadas aquí e/ou aos seus traballadores de forma totalmente gratuíta e a través dun sinxelo formulario.
Cada nova promoción rexistrada será difundida de forma inmediata entre todas as empresa de Tecnópole, con información sobre o produto ou servizo ofertado, o período de validez da oferta e os datos de contacto.
Parque Tecnolóxico de Galicia pon este novo servizo a disposición das súas empresas co obxectivo de facilitar o intercambio de condicións especiais dentro da comunidade Tecnópole.
O primeiro en publicar a súa promoción foi o estudio de fotografía de Elena Repetskaya, con prezos especiais no seu servizo de retrato de marca persoal e corporativo; Tecnópole Sport Center, cunha promoción de verán que inclúe acceso á piscina e descontos en varios servizos; Idae Consultores, para a tramitación gratuíta de subvencións; e Arte & Comunicaciones Avanzadas (https://www.tecnopole.es/es/ofertas-empresas#Arte), cunha promoción fin de curso.
(Fonte: Tecnópole)