Tecnópole abre a inscrición nos seus talleres de robótica estivais para estudantes de 7 a 13 anos

Tras a exitosa experiencia do ano pasado, Tecnópole pon en marcha de novo o seu programa de talleres de robótica de verán, con dúas edicións que se abren a inscrición para finais de xuño e finais de agosto.

O primeiro celebrarase entre os días 27 de xuño e 1 de xullo e o segundo entre o 29 de agosto ao 2 de setembro. En ambos os casos están dirixidos a estudantes de 7 a 13 anos de idade en horario de 10:00 a 14:00 horas.

A través de experiencias didácticas divertidas, os participantes achegaranse á tecnoloxía mediante nocións prácticas de construción e programación de robots. Os talleres permitirán un ano máis que ningún afeccionado ás novas tecnoloxías quede sen a oportunidade de compartir unha experiencia deste tipo, unha vez que as prazas para o campamento tecnolóxico de verán (T2W) se esgotaron.

Para garantir a atención personalizada aos asistentes por parte dos formadores, o taller terá un aforamento máximo de 25 participantes. O custo será de 121 euros por alumno/a e a inscrición pode formalizarse aquí.