Tecnoloxía viguesa para o sistema de bicicletas públicas de Copenhague

Os máis de 300 quilómetros de carril "bici" que serpean polas súas rúas e a paixón dos seus veciños polas dúas rodas converten a Copenhague nunha das capitais mundiais da bicicleta. A finais de 2012 o Concello da urbe danesa decidiu consolidar esa afección cun moderno sistema de aluguer de bicicletas -o servizo GoBike, a través de "tablets"- que loce firma viguesa. A empresa de tecnoloxía I+D3 traballa no "software" e a electrónica do sistema xunto a outra decena de empresas co obxectivo de coordinar preto de 2000 "bicis" na meca do pedal.

n
n

nA "cabeza" que deseña o novo sistema de bicicletas públicas de Copenhague -unha das mecas mundiais do pedal- traballa de cara á ría de Vigo. A empresa olívica I+D3 pole a tecnoloxía coa que a capital danesa busca dar un salto de xigante no concepto de bici pública. Grazas ao uso de tablets ancoradas ao guiador, o servizo GoBike -bautizado co nome da firma danesa concesionaria- vai máis alá do simple arrendamento.
n
nCada usuario pode consultar os horarios do metro e autobús, coñecer a oferta de ocio de Copenhague ou comprar un billete de transporte público. Todo a golpe de "clic" e sen baixar da sela. I+D3 colabora cóbado con cóbado con outra decena de firmas internacionais baixo a batuta de GoBike. O seu labor consiste en perfeccionar o software e a electrónica.
n
nRaúl Conde, responsable da firma viguesa, recorda como "durante máis dun ano estivemos a desenvolver un programa para solucionar os problemas de loxística do aluguer de bicicletas". A tarefa non resulta sinxela. Para que o sistema funcione debe garantir que todas as estacións dispoñan de bicis e calibrar con precisión o diálogo entre o ciclo, o dispositivo electrónico que porta e os puntos de estacionamento e retirada. A tablet e o GPS facilitan ademais que o usuario saiba onde hai bicis dispoñibles en cada momento e poida pagar online o servizo a través dunha conta persoal. "Non hai precedentes a este nivel", apostila Conde.
n
nUn ano de traballo
n
nGoBike logrou a concesión do servizo na capital danesa a finais de 2012. Dende entón foi dando forma ao novo sistema de arrendamento de forma progresiva. A día de hoxe coordina xa -a xeito de proba piloto- 60 bicicletas con tablets, pero o obxectivo é poñer en marcha polas rúas de Copenhague aproximadamente entre 1500 e 2000 unidades.
n
nDurante todo o proceso I+D3 permaneceu vinculado ao proxecto. O seu obxectivo é ter o software depurado -a fase piloto achégalle datos cos que mellorar o seu deseño- en marzo. A enxeñería traballa no sistema 3Bike e confía en lanzar este ano a aplicación para smartphone BikeApp, un servizo de aluguer de bicis eléctricas e convencionais en puntos como aparcadoiros ou hoteis. I+D3 traballa dende hai máis dunha década en Vigo, centrada de forma especial no equipamento de aparcadoiros e control de acceso.
n
n(Fonte: Faro de Vigo)
n

n