n
n
A firma española verificou que se poden deseñar fármacos potenciais en tempos marca. De feito, acaba de completar con éxito un proxecto científico baseado en técnicas de dinámica molecular por ordenador que deu como resultado a combinación de distintos compostos para inhibir a proteína Na K ATPasa, un obxectivo na loita contra o cancro. Neste proxecto, contou coa colaboración da británica Pharmacellion Ltd.
En xeral, a dinámica molecular consiste en técnicas de modelado e simulación de compostos a nivel atómico. O importante é que este deseño se viu contrastado nas probas de probeta. Dende hai varios anos, véñense utilizando os ordenadores para deseñar potenciais medicamentos, o que acontece é que houbo casos de éxito e casos de fracaso, ademais de moitos falsos positivos. Con esta tecnoloxía española evítanse múltiples ensaios erróneos.
(Fonte: Spain Technology)