Tecnoloxía “made in Spain” para almacenar as enerxías limpas

Unha das críticas que se fan ás enerxías renovables é que non é posible predicir cando e canta enerxía producirán. Un proxecto pioneiro levado a cabo en España soluciona este problema e consegue unha forma de almacenamento de enerxía eléctrica a grande escala.

O proxecto Store, no que participan as empresas Endesa, Televent, Isotrol e Ingeteam, é o proxecto máis importante de Europa destas características en ámbitos insulares, e o seu principal obxectivo é demostrar a viabilidade técnica e económica de sistemas de almacenamento de enerxía a grande escala. A electricidade que temos na casa ou no traballo, a que usamos ao dar ao interruptor da luz, ou acender o microondas está sendo xerada xusta nese momento nalgunha central eléctrica, logo viaxa polas redes de transporte e distribución e é directamente consumida polo cliente. Aínda que existen métodos de almacenamento, ata agora a súa aplicación a grande escala non era viable polo seu alto custo, entre outras razóns.

Co proxecto Store queda demostrado que é posible almacenar enerxía eléctrica co excedente das enerxías renovables. E que isto axuda ao sistema eléctrico e é, ademais, beneficioso para o medio ambiente.

Store foi un proxecto pioneiro en España en investigación sobre almacenamento de enerxía en ámbitos insulares, que se puxo en marcha en 2008. A principios de 2014, xa estaban operativas as tres primeiras plantas que se integran na rede eléctrica en España nas instalacións de xeración de Endesa na Illas Canarias, concretamente na Gomera, A Palma e Gran Canaria. Precisamente esta última, a de Gran Canaria, conta coa maior capacidade de almacenamento de enerxía.

(Fonte: Spain Technology)