Estantes capaces de localizar libros mediante uns sensores e mesas de oficina que poderán acoller todo tipo de dispositivos (ordenadores, impresoras, aparatos de audio e vídeo, teléfonos) sen molestos e trapalleiros cables adicionais para cada un deles, utilizando unicamente o cable que conecta a mesa á rede eléctrica.
n
n
n
Son dous exemplos de mobiliario de oficina intelixente, que se presentaron nas instalacións do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, Gradiant, no campus de Vigo, un acto que contou coa presenza do director xeral de I+D+i da Xunta, Ricardo Capilla.
n
n
É unha aposta da empresa familiar galega Cosman Fábrica de Muebles, con sede en Coles (Ourense), que está presente en toda España e que en 2008, en pleno estalido da crise financeira, apostou por crear novos produtos para abrirse ao mercado europeo e americano. Para iso, deseñaron o proxecto 'Visionaire' coa axuda de Gradiant e do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS-Madeira). O presuposto ascende a un millón de euros e logrou financiamento do Fondo Tecnolóxico europeo que xestiona o CDTI (Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial).
n
n
Os traballos comezaron en abril de 2010 e os resultados presentaranse en marzo do próximo ano, data a partir da que poderán comercializarse estes mobles. O director do proxecto, Francisco Pérez, explicaba que a diferenza de prezo con respecto a un moble convencional podería roldar os 300 euros.
n
n
A empresa e os investigadores destacaron que non se trataba de engadir novas tecnoloxías aos mobles senón de utilizalas para mellorar a súa funcionalidade e a satisfacción dos usuarios. "Está moi ben incorporar altofalantes nun estante para escoitar música, pero un estante serve para clasificar cousas e iso é o que nós buscamos mellorar", explicou Javier Castaño, director técnico de Gradiant. Outra das novidades é o uso de tecnoloxía Anywire de transmisión de datos por rede eléctrica, que minimiza o cableado e ofrece a maior velocidade de transferencia, grazas a un acordo coa multinacional Broadcom.
n
n
Espellos con tele, cama multimedia e mesa de colexio
n
n
O proxecto 'Visionaire' non se esgota nos mobles de oficina, posto que os investigadores traballan noutros produtos en colaboración coa empresa galega Cosman. Actualmente, traballan tamén no deseño de mobles de cociña, camas con dispositivos multimedia, un espello que permita ver contidos de televisión mentres un se arranxa no baño (cando apagas a pantalla non existe) ou elementos de ocio para o salón.
n
n
Un deles é unha cama para dependentes cunha pantalla para que os coidadores poidan velos e se comunicar con eles dende calquera punto do fogar ou mesmo dende fóra a través dun móbil. Outra novidade sería o deseño dunha cama para adolescentes con dispositivos multimedia que tamén poidan controlar os seus pais, Francisco Pérez avanzou que hai outros proxectos para deseñar mesas para colexios que terían motores para regular a altura e a inclinación e sería accesibles para discapacitados, ou mesmo camas para hospitais. Na súa nave de Coles contan cunha gran sala de probas ("un espazo para a creatividade"), pola que pasaron distintos profesionais para opinar sobre os deseños que realizan.
n
n
Tamén destacou onte a "valentía" desta empresa ao abrir este novo mercado o director do CIS-Madeira, Fernando Sánz, un centro de investigación que tamén colaborou no proxecto. Na súa opinión, "é encomiable que apostaran e que saian da zona de confort para buscar novos camiños no sector do moble nun momento difícil" e recordou que, á parte da crise, tamén hai un cambio na demanda dos consumidores, nas canles de distribución, a globalización da produción con novos mercados internacionais, novos modelos de negocio ou novos produtos. "Puxéronse por diante das necesidades dos usuarios", concluíu.
n
n
O exemplo de Cosman
n
n
Francisco Pérez explicou que a mesa intelixente ten todas as conexións centralizadas nunha caixa e que só necesita un cable de corrente. Isto evitará aos usuarios realizar obras para instalar novos cableados. O director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla, puxo esta empresa como exemplo a seguir por outras pemes galegas e animounas a presentar proxectos para conseguir fondos CDTI que corresponden a Galicia.
n
n
(Fonte: Atlántico Diario)