Tecnoloxía española para facilitar a comprensión do ‘software’ libre

Unha tecnoloxía desenvolvida por españois e premiada na competición SmartCamp resolve un problema ao que se enfrontan os desenvolvedores de todo o mundo: a dificultade de acceso a datos de calidade para entender mellor o software libre.

n
n

nO vicepresidente de software de IBM España e responsable da competición, Diego Segre, explicou que esta tecnoloxía permite unha minuciosa catalogación e avaliación da calidade do código informático para axudar aos desenvolvedores a entendelo mellor e darlle maior visibilidade social en beneficio do software libre.
n
nA tecnoloxía, chamada BiiCode, acaba de ser premiada en España, na competición SmartCamp para emprendedores e empresas que celebra a súa cuarta edición, e que en febreiro do ano próximo elixirá en California ao gañador mundial.
n
nEsta competición está a dar resultados ''moi exitosos' como demostra que as empresas participantes ata o momento recibisen unhas inxeccións de capital contabilizado superiores aos 115 millóns de dólares, dixo Segre.
n
nO responsable de IBM explicou que todos os finalistas acudían a esta última edición da competición con proxectos moi novidosos e interesantes; outra das iniciativas foi unha innovadora tecnoloxía para teléfonos móbiles que xera aplicacións independentes á plataforma.
n
nCon ela, calquera usuario final sen coñecementos informáticos pode desenvolver as súas propias aplicacións, o que resulta idóneo para profesionais como dentistas, avogados ou calquera outro autónomo que queira crear pola súa conta unha aplicación móbil para dar a coñecer o seu negocio.
n
nOutra iniciativa ''moi interesante', e que tamén era finalista na competición, baséase nun novo mecanismo de comunicación entre aplicacións, algo que ofrece ''grandes posibilidades' de negocio dende o punto de vista comercial.
n
nAo mesmo nivel emprendedor
n
nSegundo o responsable de IBM, á hora de emprender, os españois están a niveis perfectamente equiparables aos doutros países do contorno, incluídos o ámbito tecnolóxico, onde ademais apenas se notan diferenzas entre sexos; "estámonos a atopar cifras similares de mulleres e homes emprendedores no ámbito das tecnoloxías", sinalou Segre.
n
nDestacou o enorme potencial de negocio do mundo das aplicacións móbiles, similar ao rexistrado hai un par de décadas no ámbito de Internet. Na súa opinión, seguen existindo grandes nichos de mercado en áreas relacionadas, por exemplo, coa mobilidade, as redes sociais no ámbito empresarial, optimización de procesos mediante tecnoloxías nos hospitais e nas cidades.
n
nTamén se perciben unha morea de oportunidades na área do chamado big data, coa análise das inxentes cantidades de datos que airean as novas tecnoloxías e que abren a porta a numerosos negocios ata agora descoñecidos. En momentos de crises económicas é "bo emprender e arriscarse", porque poden xurdir grandes oportunidades, dixo.
n
nMoitos nestes tempos decídense a emprender simplemente como un reto ou por vocación, pero outros buscan unha saída profesional nun mercado que non lles permite manter os seus postos de traballo e curiosamente ás veces, o resultado deste obrigado cambio laboral permítelles descubrir un mundo que lles gusta máis do que imaxinasen.
n
n(Fonte: El Confidencial)

n