Spread, a primeira planta agrícola completamente automatizada por robots

A empresa xaponesa Spread abrirá en 2017 a primeira planta agrícola completamente automatizada do mundo, con robots que traballan en todo o proceso: dende o viveiro ata as colleitas.

Spread, que ten sede en Kyoto, explicou que esta planta comezará a operar de xeito habitual a mediados do 2017. A mecanización permitiralle, entre outros avances, producir 30.000 cabezas de leituga ao día, segundo sinalou na súa páxina web.

Esta cifra queda curta coas previsións que ten a empresa, que indicou que a súa intención é producir medio millón de cabezas de leituga ao día, dentro dos cinco anos. Ademais, as novas tecnoloxías de automatización reducirán os custos laborais nun 50% e o uso de enerxía nun 30%, así como a reciclar o uso da auga nun 98%.

O terreo, duns 4400 metros cadrados, segue a tendencia crecente da agricultura vertical, onde os agricultores cultivan en interiores sen luz solar natural. No seu lugar, baséanse na luz LED e crecen os cultivos en bastidores que amorean as verduras en estantes, unhas encimas doutras.

Ademais de aumentar a produción e a redución de residuos, a agricultura vertical interior tamén elimina o uso de praguicidas e herbicidas, produtos químicos utilizados na agricultura tradicional ao aire libre que poden ser prexudiciais para o medio ambiente.

(Fonte: EP)