Spell Up, sorprendente app que axuda a mellorar o inglés

Google creou un novo experimento para Chrome, ‘Spell Up’, unha aplicación que permite mellorar o inglés. Este Chrome Experiment pódese utilizar en ordenadores de sobremesa e dispositivos móbiles (smartphones ou tablets).

‘Spell Up’ é un xogo de palabras e experimento de Chrome que axuda a mellorar o teu inglés usando a voz e a tecnoloxía. Google traballou con profesores e deseñadores de xogos para converter ‘Spell Up’ en algo “divertido e educativo”.

Xavier Barrade, líder creativo e políglota de Creative Lab, Londres, explicou no blog da compañía do buscador que o “obxectivo é que o usuario deletree correctamente as palabras que oe e as vaia amontoando de maneira que se cre a torre máis alta posible: letra a letra e palabra a palabra”.

A medida que aumenta a altura da torre, aumenta tamén a dificultade das palabras. Ademais, ao usuario tamén se lle pedirá que pronuncie as palabras con corrección, que as descifre ordenando as letras que as compoñen e que adiviñe palabras misteriosas.

‘Spell Up’ está dispoñible para Chrome para dispositivos móbiles e ordenador.

(Fonte: Europa Press)