Sorprendente batería que se recarga en dous minutos e dura 20 anos

Científicos de Singapura crearon unha innovadora batería de ións de litio que se recarga ata o 70% en dous minutos e dura ata 20 anos, máis de dez veces que as actuais.

“Este descubrimento ten un grande impacto en todas as industrias, especialmente para os coches eléctricos, onde os consumidores teñen que soportar as continuas recargas e a escasa vida útil das baterías”, indicou a universidade nun comunicado.

O profesor Chen Xiaodong, director do equipo de investigación, afirmou que as novas baterías permitirán aos condutores de coches eléctricos recargar en cinco minutos, os mesmos que utiliza máis ou menos os vehículos de gasolina. “Igualmente importante, podemos diminuír de xeito drástico as escouras tóxicas que xeran as baterías, xa que as nosas baterías duran dez veces máis que a xeración actual”, agregou o profesor Chen.

Os investigadores da Universidade de Singapura utilizaron un novo material xel de dióxido de titanio en lugar do tradicional grafito utilizado no polo negativo (ánodo) das baterías de ións de litio. O equipo converteu o dióxido de titanio en nanotubos, que son miles de veces máis finos que o cabelo humano, o que permite unha recarga moito máis rápida. Chen indicou que hai unha empresa realizando probas e que a nova batería estará no mercado nos próximos dous anos.

(Fonte: Innovaticias)