A empresa galega Sonen, Centro de Acústica e Servizos de Telecomunicacións, con sé en Tecnópole, presentará o seu novo software para o cálculo de illamento acústico segundo o Código Técnico da Edificación mediante unha ponencia no ‘II Congreso de Aislamiento Térmico y Acústico’, que se celebra entre hoxe e o xoves en Madrid.
n
nO Código Técnico de Edificación, de recente entrada en vigor, contempla unha nova normativa de protección dos inmobles fronte ao ruído, que lles afecta de manera importante a todos os axentes implicados no proceso de construción de edificios. Se antes bastaba con avaliar o comportamento acústico dos elementos construtivos por separado no laboratorio, a nova normativa obriga a estudar o edificio rematado coma un todo. Este cambio de escenario supón cambios nas rutinas de traballo para os distintos axentes do proceso, desde arquitectos ata fabricantes de materiais.
n
nA ponencia de Sonen no congreso ten como obxectivo presentar o froito do seu labor de I+D+i dos últimos meses en colaboración co grupo de investigación Sonitum da Universidade de Vigo: o software ‘SonArchitect’ (www.sonarchitect.com), que permite estimar o illamento acústico da totalidade dun edificio conforme á nova normativa. Este produto cobre a lagoa que as esixencias do Código Técnico de Edificación deixou no mercado, xa que as ferramentas de cálculo existentes verifican unicamente o illamento por pares de recintos (habitacións), o que obriga ao arquitecto a introducir varias veces a información dun mismo proxecto.
n
nSegundo informa Sonen, SonArchitect é un software intelixente que analiza o edificio no seu conxunto, realiza a verificación integral de todos os requerimentos para todoslos pares de recintos dun mismo inmoble e emitirá unha folla xustificativa. Ademais permitiralle ao proxectista debuxar con toda flexibilidade seu edificio, visualizalo en 3D e actuar sobre el, permitindo así declarar a conformidade do edificio completo con respecto ás especificacións do Código Técnico de Edificación.
n
nO proxecto foi cofinanciado pola Consellería de Innovación e Industria mediante os fondos FEDER da Unión Europea.
- Home
- Actualidade
- Sonen presenta o seu proxecto SonArchitect no ‘II Congreso de Aislamiento Térmico y Acústico’
Sonen presenta o seu proxecto SonArchitect no ‘II Congreso de Aislamiento Térmico y Acústico’
- Mércores 15 Outubro 2008