Sonen crea un selo gratuíto de calidade acústica para promover o confort en establecementos de hostalería e auditorios

A empresa Sonen Acústica, unha iniciativa emprendedora nacida en Tecnópole, creou un selo gratuíto de calidade acústica para promover e acreditar o confort en establecementos de hostalería e auditorios. Polo de agora, sete locais galegos (cinco en Ourense e dous en Vigo), un en Barcelona e outro en Ibiza estrearon xa os seus distintivos.

n
n

nO confort acústico, que se corresponde co control do ruído, é especialmente importante en espazos caracterizados pola aglomeración de persoas, o protagonismo da música ou mesmo o maior silencio posible. É o caso de restaurantes, discotecas, pubs, bares, salas de concertos, auditorios, salas de masaxe ou balnearios e spa, onde unha parte significativa do benestar e o goce están relacionados co nivel de ruído que teñen que soportar os clientes.
n
nO selo AQ (siglas de acoustic quality, é dicir, calidade acústica) é unha acreditación que a empresa outorgará aos establecementos que o soliciten unha vez que os seus profesionais avalíen as condicións favorables do lugar para o control do ruído. O resultado esperado é unha comunidade de locais preocupados polo confort acústico que poderá utilizar o selo como un reclamo e unha garantía cara aos seus clientes.
n
n"Do mesmo xeito que a guía Trotamundos fai recomendacións por calidade do servizo e outros aspectos e Tripadvisor propón cualificar o ambiente dos establecementos, o noso selo fará posible formular recomendacións por calidade acústica", explica Óscar Outumuro, socio de Sonen.
n
nOs locais que teñan as características acústicas idóneas poderán exhibir o adhesivo do selo AQ Sonen tras unha análise gratuíta das súas condicións. Tamén formarán parte da rede web de locais AQ, que xeolocalizará todos os establecementos adheridos para que os clientes poidan identificalos e facer eleccións de visita tendo en conta tamén o confort acústico.
n
nFestival PortAmérica
n
nEste proxecto iniciouse hai un ano na plataforma de ideas do festival PortAmérica, un encontro de música e ideas que se celebrou a semana pasada en Nigrán (Pontevedra).
n
nPrecisamente, a empresa colaborou este ano no festival repartindo gratuitamente tapóns de escuma que axudaban a illar o ruído, polo que non só contribuíron ao descanso dos participantes que ocupaban a zona de cámping senón que axudaron ao maior goce dos concertos, xa que se trata dun modelo de tapón que filtra o ruído pero permite escoitar a música de forma "limpa". Segundo o socio de Sonen, "trátase dunha forma de concienciar a poboación da importancia de protexer o sistema auditivo, sometido a niveis de máis de 100 dB durante horas neste tipo de festivais, e tamén para favorecer o descanso pola noite nas zonas de acampada".
n
n(Fonte: Sonen Acústica)
n

n