Solar Paper, o novo cargador solar

Xa viramos no pasado algún que outro cargador externo baseado en enerxía solar, pero agora un grupo de emprendedores e investigadores crearon Solar Paper, un dispositivo compacto do tamaño dun pequeno libro que ao despregarse ofrece unha serie de paneis solares que alimentan unha batería externa.

Este cargador externo xera até 10W de potencia eléctrica e destaca por un deseño especialmente delgado que fai que fose cualificado como o “cargador solar máis lixeiro e delgado do mundo”. As súas dimensións son 90 x 190 x 11 mm, e o seu peso é de 120 gramos, pero ademais de ser compacto ten outra vantaxe: poderemos crear un “cluster” de Solar Panels para acumular aínda máis enerxía.

De feito cada panel individual xera 2,5W, pero ao unir catro deles a través de pequenos imáns situados nos laterais chegaremos a esa capacidade máxima. Os enxeñeiros da firma Yolk que desenvolveron este dispositivo destacan a integración dun sistema que detecta cando existe a suficiente luz solar como para que o dispositivo siga recargando esa batería externa.

Tamén hai unha pequena pantalla LCD integrada que mostra a corrente que se lle está fornecendo aos dispositivos que conectamos, e grazas a ese indicador poderemos comprobar se inclinando lixeiramente o panel ou de orientación podemos mellorar esa transmisión de enerxía. A campaña de financiamento colectivo de Kickstarter xa superou o seu obxectivo inicial, e espérase que este dispositivo se envíe a estes investidores a partir de setembro de 2015, cun prezo que parte dos 69 dólares.

(Fonte: xataka)