Só unha aplicación española para iPhone premiada por Apple

n

n

A aplicación española do portal Minube.com foi elixida por Apple como a Mellor Aplicación do ano para iPhone en España. Trátase dunha web social de viaxes, creada por emprendedores españois co seu propio capital e foi o único premio conseguido por España.

n

n

n

 

n

n

n

As aplicacións convertéronse en toda unha filosofía dentro de Apple. O seu catálogo non para de aumentar e actualmente alcanza as 500.000 referencias. Dentro dun catálogo tan grande, a aplicación de Minube, unha rede social de viaxes, conta con máis de 20 millóns de visitantes ao ano. O obxectivo do servizo e da súa aplicación, é permitir aos viaxeiros inspirarse para elixir o seu próximo destino de vacacións ou atopar actividades de ocio para o seu tempo libre.

n

 

n

Os seus responsables explicaron que "o premio vén precedido da súa designación nos últimos meses como mellor aplicación da semana, apenas uns días despois do seu lanzamento". A aplicación española foi aumentando o seu número de usuarios e converteuse nun contido imprescindible para aqueles que queiran planificar as súas viaxes e busquen axuda dende o seu smartphone. En total, xa se descargou 250.000 veces nos últimos catro meses, en boa parte grazas ao efecto das redes sociais e o boca a boca. A aplicación de minube.com é totalmente gratuíta e conseguiu que os usuarios se interesen nos seus contidos en cuestión de poucas semanas.

n

 

n

(Fonte: Innovaspain)

n

 

n

n

n

 

n