n
n
Contar con sistemas informáticos máis intelixentes pode beneficiar en boa medida aspectos cotiáns como a educación, a sanidade, o transporte, a seguridade e o medio ambiente. Non obstante, é necesario axustar estes sistemas de forma continua para que se adecúen aos cambios que xorden co paso dos anos.
n
n
n
n
n
n
O proxecto HIPEAC (Arquitectura e compilación de alto rendemento en sistemas encaixados) dedícase a tal fin para facilitar sensiblemente a vida diaria. HIPEAC conta cun presuposto de 3,8 millóns de euros en virtude do tema Tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) do Sétimo Programa Marco (7PM) da Unión Europea.
n
n
Os socios de HIPEAC presentaron a súa idea mediante un informe sobre os sistemas europeos informáticos do futuro durante o congreso Architecture of Computing Systems (ARCS) (Arquitectura de sistemas informáticos) celebrado en Múnic (Alemaña).
n
n
As casas e as grids intelixentes son sistemas informáticos deste tipo. O profesor Koen De Bosschere da Universidade de Gante (Bélxica), coordinador de HIPEAC, afirmou que os sistemas informáticos están en disposición de resolver os retos da sociedade moderna. A rede de HIPEAC conta con máis de mil investigadores de universidades e empresas europeas dedicados a identificar e avaliar os problemas aos que se enfrontarán os sistemas informáticos durante o próximo decenio.
n
n
"A comunidade dedicada aos sistemas informáticos deberá mellorar de forma radical a eficiencia, a complexidade e a fiabilidade dos sistemas informáticos do futuro se quere seguir sendo unha fonte de solucións novas e innovadoras", advertiu o profesor De Bosschere.
n
n
O consorcio de HIPEAC puxo de manifesto no informe as tendencias que están a saír a flote: "Unha explosión sen precedentes de datos de todo tipo de dominios (que crece a maior velocidade que a progresión tamén explosiva da capacidade de computación) e un aumento da demanda de conectividade e de sistemas seguros e fiables en todos os ámbitos ".
n
n
Segundo os socios do proxecto o maior reto reside en converter o aumento da densidade dos transistores (tal e como indica a lei de Moore) en melloras de rendemento acordes para xerar solucións novas e innovadoras. Engadiron que se está a acelerar a velocidade á que se abre a brecha que existe entre o rendemento en bruto dos dispositivos de hardware e o rendemento real que se extrae do emprego de ferramentas e prácticas comúns.
n
n
No informe tamén se explica que a especialización dos dispositivos informáticos probablemente sexa unha solución boa a curto e medio prazo pero non logrará mellorar con facilidade o rendemento dos sistemas informáticos do futuro. Así, os socios de HIPEAC identificaron sete obxectivos científicos concretos relacionados co deseño e o aproveitamento de sistemas informáticos heteroxéneos e especializados para achegar solucións ao aluvión de datos e á computación ubicua fiable.
n
n
As ferramentas capaces de utilizar e optimizar de forma automática os recursos que procedan deste tipo de dispositivos serán clave, segundo apuntan os socios. A longo prazo, segundo o concepto ideado por HIPEAC, cobrarán maior importancia dispositivos e paradigmas informáticos novos como os sistemas bioinspirados, a computación aleatoria e a informática de enxame.
n
n
Se os retos formulados por este tipo de recursos novos non se cumpren, o resultado será un descenso da capacidade europea para sacar o maior proveito posible ao potencial dos sistemas informáticos de cara a mellorar a competitividade do continente na escena mundial e crear unha sociedade mellor.
n
n
(Fonte: Cordis)
n
n
n
n