Sete empresas españolas no Ranking Global Innovation 1000

Sete empresas españolas figuran no ranking mundial de investimento en I+D 'Global Innovation 1000: Navegando no Futuro Dixital', realizado pola consultora Booz & Company, que inclúe as 1000 empresas que maior capital destinan a innovación.

n
n

nEn concreto, as sete empresas españolas presentes este ano no 'Goblal Innovation 1000' son Telefónica, no posto 102, Amadeus IT, no 288, Acciona, no 461, Almirall, no 473, Iberdrola, no 511, Grifols, no 572, e Abengoa, no 749. A consultora resaltou ademais que Amadeus e Abengoa se incorporan este ano ao ranking.
n
nDe acordo co estudo, estas sete empresas representan o 0,40% do investimento mundial en I+D, que alcanzou os 638.000 millóns de dólares (474.000 millóns de euros) este ano, un 5,8% máis que o exercicio anterior.
n
nA nivel global, no Top 10 das empresas que máis investiron destacan Volkswagen, Samsung, Roche, Intel, Microsoft, Toyota, Novartis, Merck, Pfizer e Johnson & Johnson.
n
nNo que se refire ás empresas máis innovadoras, as primeiras posicións son para Apple, Google, Samsung, Amazon.com, 3 M, General Electric, Microsoft, IBM, Tesla Motors e Facebook.
n
nNeste sentido, a consultora explicou que os resultados deste ano do estudo mostran que o aumento en investimento en I+D non garante maiores beneficios. De feito, as 10 empresas máis innovadoras identificadas polo informe de Booz & Company deste ano tiveron maiores beneficios que as 10 empresas que máis invisten neste concepto.
n
nPara o socio de Booz & Company en España, José Antonio Tortosa, cabe destacar o aumento do 22% no gasto de I+D entre as empresas de software e Internet, impulsado, entre outras razóns, pola crecente demanda de produtos dixitais, así como o uso de novos servizos e aplicacións na rede, que esixen ás empresas apostar pola innovación de vangarda.
n
n(Fonte: Europa Press)
n

n