Sete centros de investigación unen forzas para deseñar o envase do futuro

Alongar a vida útil dos alimentos constitúe un factor clave para a competitividade das empresas e para a seguridade e comodidade dos consumidores. Sete centros tecnolóxicos españois, entre os que se atopa o galego ANFACO-CECOPESCA; subscribiron unha alianza estratéxica para desenvolver envases intelixentemente activos, capaces de mellorar os procesos de conservación.

n

n

A investigación céntrase no aproveitamento de elementos naturais con poderes antimicrobianos ou antioxidantes, que se incorporan en material plástico para obter films activos destinados a prolongar a vida útil dunha variada gama de alimentos: peixes, queixos, embutidos, carnes vermellas, froitas ou verduras. As agroalimentarias van coñecendo xa o avance destes revolucionarios envases, froito dun proxecto que presentará os resultados definitivos a finais deste ano.

n

 

n

A especialización dos centros participantes na alianza permitiu sectorizar as investigacións e seleccionar os compostos con maior efectividade antioxidante ou antimicrobiana. Así, o galego ANFACO-CECOPESCA está a traballar con algas, o estremeño CTAEX con residuos de tomate e de vinificación e o navarro CNTA con residuos de cebola e pemento asado. Estudos sobre outros elementos e melloras nos procesos de conservación están sendo desenvolvidos tamén pola vasca Fundación Leia CDT, o Instituto Tecnolóxico da Embalaxe e o Instituto do Plástico valencianos e o Centro Nacional da Conserva de Murcia.

n

 

n

Carlos Navarro, director da área de I+D+i do Centro Nacional de Tecnoloxía e Seguridade Alimentaria de Navarra (CNTA), asegura que "a finais de ano, o envase definitivo poida ser aplicable a un amplo rango de alimentos e mellorar substancialmente os procesos de conservación". As investigacións realizadas permitiron identificar extractos que se están a utilizar na elaboración de envases e na análise da actividade dos films activos. Trátase da oleorresina de tomate, o alperuxo (un subproduto das almazaras) e extractos de allo e uva. Ademais estase a traballar con tocoferol e ácido ascórbico, dous dos principais compoñentes presentes nas algas.

n

 

n

Unha poderosa alianza

n

 

n

A alianza estratéxica Ceide@ está formada por cinco centros tecnolóxicos agroalimentarios e outros dous especialistas en envasado e materiais plásticos. Os socios diferéncianse pola súa especialización nos subsectores de pesca, conservas vexetais, produtos hortícolas e en tecnoloxías especificamente orientadas ao sector agroalimentario. Os membros do consorcio subliñan que "o proxecto aspira a aumentar a competitividade das empresas agroalimentarias españolas", un obxectivo de suma importancia nos actuais momentos de crise económica.

n

 

n

(Fonte: Cinco Días)

n

n