n
n
Un enxeñeiro da Universidade da Rioxa desenvolveu unha ferramenta informática que permite predicir o momento idóneo da vendima. O sistema, que utiliza unha rede de sensores, ofrece información fiable ao viticultor ou á adega sobre o proceso de maduración da uva considerando variables meteorolóxicas, do cultivo e do medio.
n
n
n
n
n
n
Cando en setembro se achega a hora da vendima, a experiencia dos viticultores e dos enólogos son determinantes para obter unha uva no punto de maduración óptimo. Non obstante, os factores que interveñen na decisión de vendimar son moitos e algún tan incerto como a meteoroloxía. Por iso, o enxeñeiro Roberto Fernández, da Universidade da Rioxa, desenvolveu un sistema para manexar todo ese volume de información utilizando redes de sensores sen fíos que recollen datos do viñedo -da vide, do terreo e do seu ámbito- e incorporan referencias de estacións meteorolóxicas.
n
n
Para a realización do estudo, que se iniciou en 2009 e concluíu na vendima de 2011, instaláronse catro sensores sen fíos en dous tipos de chan dun terreo de secaño de 62 hectáreas de viñedo de uva tempranillo dunha adega, pertencente a Adegas do Contino, da firma rioxana CVNE. Así mesmo, analizáronse variables provenientes de catro fontes distintas: unha estación meteorolóxica, os sensores conectados aos nodos de rede sen fíos, as análises de chan nos puntos onde se instalaron estes sensores e a evolución de certos parámetros obtidos dos mostos e nos viños producidos.
n
n
Minería de datos
n
n
Segundo Fernández, a metodoloxía baséase nun proceso matemático denominado 'minería de datos', que manexan un alto número de variables para realizar predicións precisas, sendo, ao mesmo tempo, doadamente interpretables. O enxeñeiro sinala que o modelo ofrece información fiable ao viticultor ou á adega sobre o proceso de maduración da uva considerando variables meteorolóxicas, do cultivo e do medio.
n
n
Este estudo, que forma parte da tese doutoral de Roberto Fernández, tamén ofrece modelos de predición de parámetros que definan a calidade do viño durante o proceso de produción -por exemplo, o grao alcohólico, a acidez tartárica e o pH-, considerando as condicións do chan e ambientais nas que se desenvolveu a planta.
n
n
Por último, na súa tese desenvolve tamén unha ferramenta de predición das posibles necesidades de auga da planta para que o viticultor poida satisfacelas.
n
n
(Fonte: SINC)
n
n
n
n