n
n
As pemes interesadas en participar como solicitantes dos servizos prestados no marco do 'Programa de Asesoramento a Pemes en Comercio Electrónico B2C', subvencionados nun 85%, teñen de prazo ata o 13 de xaneiro de 2012.
n
n
n
n
n
Na necesidade de dirixir esforzos a potenciar o comercio electrónico, red.es presentou este programa para impulsar a oferta de produtos e servizos na rede da empresa ao consumidor final (coñecido como B2C), ampliando a devandita oferta e mellorándoa con tendas online de gran calidade e potencial de crecemento. Unha das actuacións que se realizará nesta liña consiste nun programa de asesoramento personalizado e individualizado en comercio electrónico: estratexia de entrada na venda por Internet, asesoramento en estudo da competencia, asesoramento sobre mercadotecnia online e analítica web e asesoramento nas técnicas de avaliación do posicionamento web, entre outros.
n
n
O obxectivo final é desenvolver e fortalecer a capacidade das pemes para expandir e potenciar o seu negocio a través de novas canles de venda, adoptar unha estratexia comercial para iniciar un proxecto de venda online, facilitar o seu posicionamento en Internet e destacar a importancia dos aspectos operativos, técnicos, loxísticos e legais para garantir o éxito dunha tenda virtual.
n
n
Grupo ISONOR é a única empresa galega seleccionada para colaborar coa entidade pública empresarial red.es, adscrita ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, no 'Programa de Asesoramento a Pemes e Autónomos para o Impulso do Comercio Electrónico B2C', que conta cunha partida presupostaria de máis de 3 millóns de euros.
n
n
Se está interesado en que tramitemos a súa solicitude ou desexa recibir máis información póñase en contacto preguntando por María Rivera en 981 062 509 ou por e-mail en subvenciones@grupoisonor.es.
n
n
(Fonte: Isonor)
n
n
n