Seis innovadores proxectos que facilitan o aforro e a educación financeira a toda a poboación (entre eless, Coinscrap, instalada en Tecnópole)

Preto de 1700 millóns de adultos non poden acceder a ningún tipo de servizo financeiro, segundo os últimos datos do Banco Mundial. É dicir, non teñen unha conta nun banco que lles permita, por exemplo, ingresar diñeiro ou realizar calquera tipo de envío. Ter acceso a servizos financeiros é clave para o desenvolvemento da poboación, determinante na súa participación activa na sociedade e esencial para realizar movementos tan básicos como o pago de subministracións do noso día a día ou aforrar.

Ante isto, non é de estrañar que a inclusión financeira fose considerada como un factor que propicia até 7 dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS). Que o 75% das persoas en situación de pobreza non teña conta bancaria é un lastre que hai que reverter urxentemente, tal e como se propuxo Banco Santander. En concreto, a entidade ten como obxectivo empoderar financeiramente a 10 millóns de persoas en todo o mundo entre 2019 e 2025, desafío que xa conseguiu ao 60%.

Unha sociedade desenvolta é aquela que non deixa a ninguén atrás e cuxo tecido empresarial, en lugar de acentuar a distancia entre cidadáns, crea e busca maneiras de acurtar as diferenzas entre quenes máis teñen e os que, en realidade, máis necesitan. Nesta liña, a entidade presidida por Ana Botín lanzou Santander X Global Challenge | Finance For All, un reto que buscaba identificar proxectos innovadores e escalables cun obxectivo concreto: que presentasen solucións para reducir a desigualdade a través da inclusión financeira. Ou o que é o mesmo, pór o emprendemento ao servizo daqueles que máis o necesitan.

Aforrar gastando?

O resultado: preto de 300 startups e scaleups de 11 países inscribíronse en Santander X para participar no reto. Entre os seis gañadoras, destaca Coinscrap Finance (con sede en Tecnópole), scaleup española que permite a bancos e aseguradoras desenvolver novas fontes de ingresos. A premisa da que parten e na que se focalizan é: é posible aforrar gastando? Coinscrap Finance facilita a consecución de metas financeiras de maneira doada e sen que o usuario se decate.

Os seis proxectos gañadores recibirán un total de 120.000 euros: 10.000 euros para cada startup e 30.000 euros para cada scaleup, ademais de formar parte da nova comunidade global de emprendemento de Santander X, que conecta os proxectos emprendedores máis relevantes dos distintos retos e premios que a entidade ten en marcha.

Fonte: La Vanguardia