Santiago reunirá do 29 de setembro ao 1 de outubro o talento innovador e emprendedor dos estudantes universitarios de América Latina, España e Portugal. Spin2016 ofreceralles apoio en forma de charlas, marketplace, seminarios e premios para poder desenvolver con éxito os seus proxectos.
Coa participación de empresarios de referencia internacional e expertos do mundo dos negocios, apostarase polo networking, o partneting e a xeración de contactos entre os máis de 2000 asistentes que prevé a organización. Como sinalou Senén Barro, presidente de RedEmprendia, durante a presentación oficial do evento, Spin2016 “será o mellor escaparate para as iniciativas innovadoras das universidades, e á vez un punto de encontro excepcional para atraer talento internacional”.
Economía laranxa
Das actividades programadas, a organización destaca dous: “Model2MArket”, programa que ten como obxectivo fortalecer os modelos de negocio nacidos no seo da universidade que destaquen polo seu potencial innovador e de impacto social e económico; e “SmartMoney4Stars”, un foro de inversión e oportunidades para acelerar spin-offs e startups universitarias ao que acudirán investidores e business angels.
Ademais, nesta edición cobrará especial relevancia a chamada “Economía Laranxa”, en auxe en América Latina, que vén a facer referencia a aquelas actividades que permiten transformar as ideas creativas en bens e servizos de alto valor engadido. Con este obxectivo, a organización realizará talleres enfocados a espertar a creatividade e a crear un ecosistema emprendedor.
Esta nova edición do evento conta co apoio da Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo, a Universidade da Coruña, a Universidade de Porto, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e Banco Santander, a través de Santander Universidades. Nas súas dúas edicións anteriores sumou 1300 asistentes de 16 países, con máis de 70 entidades colaboradoras públicas e privadas, e repartiu máis de 160.000 euros en premios para impulsar ideas, modelos de negocio e proxectos emprendedores.
(Fonte: Innovaspain)