Santiago de Compostela será a capital europea da biotecnoloxía en 2014

A Asociación Española de Bioempresas (ASEBIO) e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade, organizarán a sétima edición de BioSpain, que terá lugar entre o 24 e o 26 de setembro de 2014 en Santiago de Compostela.

n
n

nEste evento converteuse no foro de referencia da biotecnoloxía europea e na plataforma de presentación da biotecnoloxía española dende o punto de vista internacional, xa que a anterior edición, pasou a converterse no quinto evento de partnering mundial por reunións de negocio, con 2775 rexistradas en 2012.
n
nA celebración de BioSpain 2014 en Santiago de Compostela contribuirá ao pulo e visibilidade da biotecnoloxía galega e da de todo o noroeste peninsular en xeral. A candidatura presentada por esta Comunidade Autónoma está representada polas Consellerías de Sanidade, de Economía e Industria, de Medio Rural e Mariño e de Traballo e Benestar, e conta co apoio das tres universidades galegas, co sector empresarial do ámbito da biotecnoloxía (a través do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida, Bioga) e do ámbito da saúde e a Sanidade (a través do Clúster Saúde de Galicia) e co Concello de Santiago de Compostela.
n
nO evento bienal BioSpain 2014 celebrarase no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, situado ao final do Camiño de Santiago. Ten unha superficie construída de 15.000 metros cadrados e conta cun auditorio, salas de reunións, salas VIP e de prensa, zonas para exposicións, restaurante, cafetería, varias zonas de aparcamento e acceso para persoas con discapacidade, instalacións que reúnen as condicións necesarias para celebrar un evento das características de BioSpain.
n
nBioSpain estrutúrase nunha feira comercial, un evento de partnering, un foro de investidores, sesións plenarias e conferencias de temática diversa (sesións paralelas) con relatores nacionais e internacionais e un foro de emprego e formación.
n
nA presidenta de ASEBIO, Regina Revilla, asegura que "Galicia está a demostrar un importante apoio á sociedade do coñecemento, á innovación sanitaria, e ao sector empresarial emprendedor, e por iso pensamos que é o marco máis adecuado para a celebración de BioSpain 2014. Conta cun ámbito sanitario de excelencia, considera a biotecnoloxía como liña estratéxica de crecemento e conta cun tecido empresarial conectado profundamente coas ciencias da vida".
n
nNeste sentido, a directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, Sonia Martínez Arca, sinala que "Galicia ten un enorme potencial no ámbito da I+D+i biosanitaria, cunha importante capacidade de mobilización de recursos e de xeración de resultados con potencial de transferencia ao mercado. A celebración de Biospain en SC converte a Galicia nun referente nacional e internacional neste destacado sector da economía produtiva".
n
nResultados
n
nÁ sexta edición de BioSpain, que se celebrou en Bilbao en 2012, asistiron 1850 profesionais, tanto nacionais como estranxeiros, un 32% máis que na edición do 2010. A área de exposición comercial, cuxa superficie se incrementou un 50%, contou cun 29% máis de expositores que en 2010, alcanzando os 217 stands. O 78% correspondía a empresas nacionais e o 22% restante a internacionais.
n
nEn total, tiveron presenza 762 empresas, das que 210 procedían do exterior (28% do total). Do mesmo modo, aumentou ata un 65,5% o número de empresas internacionais que participaron na exposición comercial (en total 48). Das 210 empresas internacionais destacaron as de Reino Unido (6%), Francia (4%), Alemaña (2%), Estados Unidos (2%), Bélxica (2%), Suíza (2%), Holanda (1%), Portugal (1%), Italia (1%) e México (1%).
n
nSegundo os resultados da enquisa de satisfacción realizada pola organización, o 77% dos asistentes a BioSpain 2012 asegurou identificar oportunidades reais de negocio na feira.
n
nEn canto á valoración xeral do evento, un 93% valorouno positivamente e un 88% indicou que se cumpriron as súas expectativas, sendo as posibilidades de networking que ofrece BioSpain o apartado máis valorado desta pasada edición.
n
n(Fonte: Biospain)
n

n