A intelixencia artificial limitada permitiranos asistir a unha nova época onde a agricultura será automatizada de forma masiva. Dende a plantación e o mantemento ata a recollida, a automatización será máxima.
DJI presentou un dron que permite pulverizar herbicidas a un ritmo de 200.000 metros cadrados por hora. Non é o primeiro dron que permite facer isto, pero representa o salto dunha compañía, ata agora de consumo, a un mercado profesional.
Os drons industriais para agricultura levan anos no mercado, e o prezo baixa de forma abismal. Pronto, un presuposto mediano permitirá a granxeiros latifundistas ter unha frota enteira de drons e automatizar diferentes partes do mantemento.
Como Roombas, os drons volverán á base a recargar os seus depósitos de líquidos e batería, para volver continuar o seu labor día e noite, compartindo as zonas cubertas cos outros membros da patrulla.
Os drons tamén se encargarán de vixiar e analizar os cultivos con diferentes cámaras e sistemas, que reportarán en tempo real para detectar calquera problema dende posibles focos de actividade animal ata comprobar como se atopa o terreo en cada momento.
Tractores, cultivadoras, empacadoras…
As granxas son terreos perfectos para a automatización da condución de vehículos. O terreo non cambia, non adoita haber elementos non autónomos cruzándose, non hai sinais de tráfico e a velocidade é moi baixa. Os tractores autónomos, e semi autónomos, xa están en funcionamento en granxas de todo o mundo.
Por control remoto, ou sendo dados un plan de acción preestableceido, estes tractores poden operar diferentes tarefas sobre o terreo e os cultivos sen estar o condutor en cabina. Arar, mover o terreo, facer sucos ou mesmo recoller diverso tipo de gran pola súa conta directamente cara ao remolque, volvendo descargar cando detecte suficiente carga.
Empacadoras e cultivadoras tamén se ven beneficiados de maior automatización de procesos. A pesar diso, os labores de mantemento de momento quedan na súa maior parte baixo labor humano.
Recollida de froita
Non só os cultivos de campo serán automatizados. A recollida de froita xa está a ser totalmente revolucionada pola automatización. Froitos como os figos, a laranxa ou a oliva xa están sendo tratados con tecnoloxía.
Brazos robot, GPS, cámaras e redes son fan hoxe o traballo que antes requiría longas xornadas de traballo rompedor para as persoas encargadas.
Outros froitos máis delicados, ou que requiren maior coñecemento están en proceso aínda. A uva e o amorodo por exemplo requiren maior precisión por parte dos brazos á hora de cortar os talos, e mellorar a capacidade de identificación da froita por parte das cámaras e sistemas de intelixencia artificial.
Adeus aos herbicidas químicos ¡Ola robots!
Os cultivos vexetais ata hoxe en día requiren cultivo mecánico, pero a eliminación das malas herbas segue sendo de forma manual e/ou mediante o uso herbicidas que se dispersan de forma indiscriminada sobre o terreo.
Hoxe en día os herbicidas son a forma máis estendida para controlar malas herbas, pero ademais de afectar ao cultivo que queremos preservar, afectan ao ecosistema, ao chan e a súa efectividade depende do tipo e nivel de humidade do chan, calendario e ademais a produción final do cultivo depende en boa medida de como de efectivo sexa este labor durante a xerminación.
Pero os robots están aquí para acabar cos herbicidasrobot. Diferentes métodos automatizarán tanto o labor dos herbicidas como dos insecticidas. Percorrendo os cultivos de forma autónoma, son capaces de identificar e retirar malas herbas sen afectar ao cultivo.
A granxa automatizada: software e servizos
Toda esta nova maquinaria, e o seu software, necesita duns servizos que os xestionen e coordinen. Varias startups e grandes empresas están a traballar niso. Unha das máis coñecidas e utilizadas é FarmLogs que centraliza ducias de datos sobre as superficies de cultivo como a temperatura, previsións, precipitacións, composición do terreo, xestionar o inventario e a produción, etc.
FarmLink ofrece servizos similares, combinando datos propios e alleos para dar aínda máis información aos produtores, baseándose en máis de 50 variables analizadas en tempo real.
A grande alternativa: granxas verticais
As granxas verticais son un concepto que engloba diferentes tipos de novas formas de cultivo. Dende a súa concepción en 1915, moitos ecoloxistas, botánicos, agrónomos e economistas escribiron sobre elas innumerables estudos, todos eles falan do incrible aumento de eficiencia.
Nun dos seus modelos máis viables, as granxas verticais son escenarios controlados onde as plantas son cultivadas en varios niveis, ocupando moito menos terreo, e aproveitando mellor a luz solar con varios reflectores. Grazas aos avances en hidroponía, os recursos necesarios para estas plantas son moito menores, e ao estar en condicións controladas tamén son menos propensos a necesitar herbicidas e insecticidas. Só crece o que queremos que creza, consumindo menos espazo, enerxía e minerais.
(Fonte: Hipertextual)