O robot, de 1,40 metros de alto, cara redonda e dotado de rodas escondidas baixo a súa carcasa branca, é capaz de recoñecer a voz humana nunhas 20 linguas e determinar se o seu interlocutor é un home, unha muller ou un neno, explicou á axencia AFP Raphaël Tassart, voceiro da compañía belga Zora Bots, que desenvolveu os programas instalados no seu cerebro electrónico.
En Lieja, Pepper, cuxo prezo de venda é duns 33.680 dólares, continuará polo momento confinado na recepción, pero no hospital de Ostende poderá acompañar aos visitantes que o desexen ata a entrada dos diferentes servizos, segundo Tassart.
Robots da xeración de Pepper xa foron probados en comercios xaponeses e nalgunhas grandes superficies francesas, xeralmente cunha función comercial. “Pero é a primeira vez que se utilizarán na recepción”, sinalou o voceiro.
(Fonte: Ideas e inventos)