Roberto Verino presenta a súa colección masculina outono-inverno 2014/2015 en Tecnópole

O deseñador de moda Roberto Verino presentou a semana pasada a súa colección masculina outono-inverno 2014/2015 na súa factoría de Tecnópole. Por primeira vez, mostrou no seu centro de produción algúns dos deseños da colección Street Chic.
 
Segundo a marca, trátase duns deseños que se inspiran na elegancia de finais dos 50 e principios dos 60, caracterizados polo protagonismo do artesanal, os detalles e o traballo case manual característico da época. O estilo de John Kennedy, Cary Grant ou o glamour das grandes damas da época, como Jackie Kennedy ou Audrey Hepburn, iconas da moda durante aqueles anos, son os protagonistas desta colección de Verino, que ofrece unha estética sobria pero cun toque retro chic.
 
A presentación acompañouse dunha mostra de varios modelos de automóbiles da marca Mazda, da que Verino é embaixador.
 
Roberto Verino naceu en Verín (Ourense) en 1955 e estudou Belas Artes en París. É posuidor de prestixiosos premios outorgados tanto polo seu labor de deseñador como de empresario: T de Telva, Aguja de Oro, Mellor Colección Pasarela Cibeles, Prix D’Excellence, Hombre del Año, etc.
 
Conta actualmente con 112 puntos de venda no territorio español, emprega a 428 persoas en España e ten una cifra de vendas que se sitúa por encima dos 55.000 millóns de euros.
 
(Fonte: Roberto Verino)