Á vez que desenvolve VíaTextil da man de pequenas empresas do seu sector, organizando reunións semanais para tecer unha rede de emprendedores ao redor da moda galega, Roberto Verino é máis internacional que nunca. A compañía, con Dora Casal como CEO, duplicou a súa facturación no estranxeiro no último ano. E aínda que a súa estratexia agora pasa por asentarse nestes mercados, non descartan expandirse a novos terreos aínda sen explorar: “Estamos a estudar outros países”.
A firma ourensá, referente na comunidade, envórcase ao exterior aínda que sen renunciar a seguir medrando en España. Aquí, como fóra, tamén prepara aperturas de novas tendas (a próxima en Castellón a finais de maio). Todo iso fano en paralelo á exposición que con motivo do corenta aniversario da compañía está a levarse ás cidades máis importantes para a marca. Tras pisar Madrid e agora Valencia, paradas como Santander, Bilbao, Barcelona e Sevilla están en camiño; e seguramente chegue alén do charco o ano que vén, en particular a México.
Fonte: Faro de Vigo