Aínda queda moito tempo ata que os vehículos eléctricos ocupen ao 100% as estradas de todo o mundo, de forma que mentres tanto non nos queda outra que buscar fontes alternativas para os nosos automóbiles como pode ser, por exemplo, a auga.
A tecnoloxía de Sunfire GmbH fai uso do coñecido proceso químico Fischer-Tropsch, así como de celas electrolizadoras de óxido sólido (SOEC). Estas son empregadas para converter electricidade en vapor (o osíxeno elimínase do vapor para producir hidróxeno, que á súa vez é utilizado para reducir o CO2 en monóxido de carbono). O resultado son H2 e Co, sintetizados posteriormente polo mencionado proceso químico de Franz Fischer e Hanz Tropsch.
Segundo Sunfire, o seu sistema ten unha eficiencia do 50%, pero esperan incrementalo até o 70% no futuro, sendo o seu nivel de produción agora mesmo dun barril de combustible ao día.
(Fonte: Innovaticias)