Revolucionaria esponxa para absorber petróleo vertido no mar

Investigadores da universidade Deakin de Australia desenvolveron un novo material que é capaz de limpar grandes derramos de petróleo nun santiamén.

O equipo, liderado polo profesor Ying Chen, creou un novo método que utiliza po de nitruro de boro como elemento principal dunha esponxa que pode absorber o aceite separado da auga.

Dado que resultaría imposible encher a substancia arredor do petróleo, idearon unha estrutura 3D porosa que se encargará de recoller a substancia contaminante.

Desta forma o equipo conseguiu aumentar a área superficial por gramo a máis ou menos a superficie de cinco pistas e media de tenis. O mellor é que o nitruro de boro non é inflamable, polo que se posiciona como unha substancia ideal para o transporte de produtos químicos volátiles como o petróleo.

De todos os xeitos o proxecto segue desenvolvéndose, así que non esperes velo proximamente nos petroleiros que circulan os mares. Por agora o equipo está a buscar empresas interesadas na produción dunha esponxa de gran tamaño, así que esperamos que lles vaia ben e poidamos ver transportes máis seguros e con menos risco de contaminación.

(Fonte: Agencias)