Reto para crear unha app no ámbito da saúde e a asistencia sanitaria

No devandito reto pode participar calquera persoa física ou xurídica que o desexe (particulares, emprendedores, empresas, centros de investigación, universidades, etc.), co único requisito de ser maiores de idade no caso das persoas físicas.

As propostas presentadas serán avaliadas por un xurado composto por membros da comunidade científica e tecnolóxica, do sector público e privado, e o gañador obterá un premio en metálico e a posibilidade de validar a aplicación no Sistema Sanitario Público de Andalucía.

Máis información na web Reto Salud Andalucía.

(Fonte: Junta de Andalucía)