Destes dez proxectos galardoados, seis foron seleccionados no campo da eficiencia enerxética e recibirán un apoio económico de ata 288.000 euros durante 24 meses, ademais dun asesoramento tecnolóxico, empresarial e legal.
Ademais seleccionáronse outras catro ideas que recibirán o apoio da Fundación Repsol para “a súa maduración técnica cun apoio económico de ata 2000 euros ao mes durante un ano e unha titorización empresarial e tecnolóxica”, destacaron dende a organización.
Entre os proxectos gañadores atópanse, unha “Plactherm”iniciativa de chan radiante de alta eficiencia con control intelixente por seccións; “Biogás plus”, produción aumentada de biometano a partir de residuos orgánicos coa adición de nanopartículas de ferro; e, “Electricidad Solar 45%”un módulo fotovoltaico de concentración de alta eficiencia enerxética.
Todos estes proxectos, ata completar a decena de premiados, achegan solucións innovadoras e xeran novas ideas no campo das enerxías renovables. É por iso que terán a oportunidade de recibir o apoio que lles permitirá avanzar ata se converter nun proxecto viable de futuro.
Dende a súa creación en 2011 o Fondo de Emprendedores de Fundación Repsol apoiou 21 proxectos empresariais e 6 ideas. Despois de dous anos, acaban de finalizar o seu proceso de incubadora os sete primeiros proxectos seleccionados. Na actualidade, un total de vinte iniciativas atópanse en proceso de incubación.
(Fonte: innovaspain)