Próxima apertura da convocatoria do programa Horizonte Peme para o exercicio 2016

A Secretaría de Estado de I+D+I aprobou a convocatoria do ano 2016 para a concesión de axudas da convocatoria Horizonte Peme, do Programa Estatal de Liderado Empresarial no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2013-2016.

As axudas, que teñen unha dotación total de 3,7 millóns de euros, financian un estudo de viabilidade (técnico e comercial) que inclúa un plan de negocio dun proxecto innovador a aquelas pemes que, presentándose á Fase I do Instrumento peme do programa horizonte 2020, obtiveran o “seal of excellence” outorgado pola Comisión Europea por alcanzar unha puntuación igual ou superior a 13 puntos, e que por razóns presupostarias non puideran obter financiamento.

O prazo de presentación de solicitudes ábrese o 4 de maio e permanecerá aberto ata o 18 dese mesmo mes.

Texto da convocatoria.

(Fonte: ASEBIO)