Tecnópole acolleu o pasado 11 de marzo o taller de presentación do Programa Re-Acciona Innovación. Na súa edición de 2020 e no relativo á innovación, o programa incorpora os seguintes servizos: deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores, protección da innovación e asesoramento para o financiamento da innovación.
Representantes da Axencia Galega de Innovación e as propias consultoras executoras dos servizos pesentaron no Parque as condicións da convocatoria. GAIN amosou o mapa de apoios a pemes que a axencia ofrece durante esta anualidade. Pola súa parte, os representantes dos tres servizos de innovación deron conta da parte relativa ao deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores, que prestará a empresa Incotec; a protección da innovación, que prestará a empresa Álvarez Real; e o asesoramento para o financiamento da innovación, que proporcionará a firma Innplica.
Fonte: Tecnópole