Primux Tech saca ao mercado a súa primeira tablet con GPS

Primux Tech aposta polo GPS na súa nova Sirocco X, unha tablet cunha pantalla de 10,1 polgadas con resolución 1024 x 600 pixeis e unhas dimensións 260 x 150 x 10 milímetros, reducindo de forma notable o grosor do equipo, e un peso de 467 gramos.

A Primux Siroco X está equipada cun grande abano de conexións, WiFi, BT, GPS e Micro HDMI.  A batería do equipo é de 5000 mAh, o que fai posible unha autonomía de ata 6 horas en reprodución de vídeo.

En canto á memoria para almacenamento, é de 8GB, pero existe unha rañura para tarxetas MicroSD de ata 32 GB. A memoria RAM é de 1GB. O seu procesador é de catro núcleos a 1.3 Mhz.

Segundo a empresa, trátase da primeira tablet galega con GPS incorporado, o que a fai especialmente útil para a localización durante as viaxes.

(Fonte: Primux Tech)