Primux Tech presenta o seu novo smartphone, dotado con dobre cámara para optimizar fotografía e vídeo

A empresa Primux Tech, con sede en Tecnópole, presentará nestes próximos días o seu novo smartphone, o Primux Tech Kappa. Os seus creadores destacan o seu prezo competitivo e novidades como a dobre cámara.

O novo modelo incorpora unha novidosa pantalla de 4‘5” IPS OGS (114,30 mm), que fará que as imaxes se vexan cunha extraordinaria nitidez e cun brillo e un contraste impresionantes.

O seu sistema operativo é o Android 4.4 Kit Kat, que consegue optimizar ao máximo os recursos e prestacións da arquitectura do smartphone. A isto súmase un potente procesador Quad Core de 1,3 Ghz. En canto á conectividade, este modelo está dotado de 3G, Wifi/n de alta velocidade, Bluetooth 4.0, GPS real (funciona sen consumo de datos, de forma independente) e Dual SIM.

Ademais, Primux Tech segue apostando por dotar os seus terminais do sistema Dual Sim (dúas rañuras para introducir dúas tarxetas SIM e poder así ter nun mesmo smartphone dúas liñas de teléfono, a persoal e a de traballo). En canto a capacidade, o Primux Tech Kappa conta con 1GB de Ram DDR3 e 4GB de capacidade de almacenaxe, ampliables a 32 GB mediante tarxeta microSD.

No seu deseño tamén se tivo moi presente o ocio e a “vida social”. Para iso dotouse ao Kappa de dúas cámaras, unha traseira de 8 Mpx. auto-focus con tecnoloxía HDR (maior rango de niveis de exposición en toda a fotografía) e ZSD (estabilizador dixital da imaxe) e unha dianteira de 1,3 Mpx para que as videoconferencias ou o seu uso como webcam teñan unha nitidez, unha calidade e unha definición perfectas.

Segundo a empresa, o Primux Tech Kappa sairá ao mercado a un prezo sumamente competitivo e con dúas baterías de serie de 1.700 mAh., protector de pantalla e unha carcasa adicional con flip-cover (tapa) para que ademais de estar sempre operativo, estea protexido desde o primeiro día.

(Fonte: Primux)