Primux Tech presenta a súas novas tablets de altas prestacións e baixo custo en “Os mércores de Tecnópole”

Primux Tech protagonizará a última sesión do ano do ciclo “Os mércores de Tecnópole”, na que presentará a súa nova gama de tablets de altas prestacións e baixo custo. Tras sacar á venda hai un par de meses a súa liña de smartphones, a empresa, que ten a súa sede no Parque Tecnolóxico de Galicia, busca romper o mercado de Nadal das tablets electrónicas con tecnoloxía galega de última xeración a prezos mini.

n
n

nAdemais de presentar os seus últimos produtos e a tecnoloxía que os soporta, os responsables da empresa compartirán cos asistentes as claves da traxectoria de Primux desde a súa creación. Daniel Rodríguez, socio da compañía, exporá a experiencia de pór en marcha unha empresa de tecnoloxía 100% galega e Javier Bordejé, director técnico, desenvolverá a diferenza competitiva que máis vantaxe lles proporciona no mercado ademais dos seus axustados prezos: o seu servizo post-venda, que garante a reparación ou cambio do terminal nun prazo máximo de 72 horas
n
nA empresa contribuirá ao espírito de Nadal destas datas sorteando entre os asistentes un dos smartphones da súa última gama, lanzada ao mercado hai só un par de meses. Trátase do Primux Tech Delta2, con pantalla de 3,5”, 4GB de memoria flash (ampliable a 32GB mediante tarxeta microSD), 512MB de memoria RAM DDR3 e unha batería de 1.100 mAH que lle confire unha autonomía en espera de 7 días.

n