As evolucións do Sigma céntranse fundamentalmente na súa pantalla, que agora incorpora un cristal Dragontrail, altamente resistente ao raiado, aos impactos e a torsión.
Outra das evolucións que incorpora o Sigma é un novo sistema de redución de ruído no micrófono, que permite illar o ruído ambiente da voz.
En canto ao resto de prestacións, o Sigma incorpora o sistema operativo Android 4.4 Kit Kat, que consegue optimizar ao máximo os recursos, a arquitectura e prestacións do smartphone para unha maior rapidez nos procesos cun menor consumo de batería.
O seu procesador é un Quad Core de 1,3 Ghz, ademais de contar con 1 GB de memoria RAM e 16 GB de capacidade de almacenaxe interna, xunto con todos os sistemas necesarios para a mellor comunicación e conexión que o día a día precisa, como o sistema NFC (tecnoloxía de comunicación sen fíos, de curto alcance e alta frecuencia, que permite o intercambio de datos entre dispositivos); 3G; Wifi de alta velocidade; Bluetooth 4.0, GPS (funciona de forma independente, sen consumo de datos) e sistema Dual SIM para albergar dúas liñas telefónicas.
Por último, o Sigma monta dúas cámaras fotográficas, a posterior de 13 mpx con sensor Sony e de 3mpx a frontal, podendo utilizarse como webcam. Todo iso alimentado por unha batería de 2300 mAh que lle confire unha grande autonomía.
(Fonte: Primux Tech)