Primux Tech lanza unha aplicación para garantir a seguridade do uso do smartphone por parte dos máis pequenos

Primux Tech, con sede en Tecnópole, acaba de lanzar unha aplicación que permite a pais e nais estar tranquilos coa seguridade do uso do smartphone por parte dos máis pequenos.

Help Launcher Kids, creada por uns 30 desenvolvedores, permite controlar as chamadas, mensaxes e xogos. Esta ferramenta de control parenteral asegura que o acceso dos nenos ao móbil sexa seguro e poidan comunicarse con catro contactos importantes (sexan os pais, outros familiares ou amigos), enviar e recibir mensaxes de texto dende a liña móbil paterna ou dende a súa aplicación de mensaxería instantánea favorita e, finalmente, o máis atractivo para os usuarios, os xogos e as aplicacións. Pódense ter cantas aplicacións permitan exclusivamente os pais, non hai límite para a diversión.

A app está dispoñible en varios idiomas: español, galego, inglés, francés, portugués, alemán e italiano. O control brindarao un menú ao cal só se pode acceder a través dun contrasinal, permitindo que os pais configuren o launcher e todas as súas opcións: contactos, contactos favoritos, aplicacións e xogos.

Descarga da aplicación.

Vídeo explicativo.