Primux presenta os seus novos smartphones Sigma, Omega 5 e Delta 4

A empresa de Tecnópole Primux Tech acaba de presentar o smartphone Sigma, xa dispoñible para a súa distribución e venda. O novo modelo, cualificado pola empresa como “o seu buque insignia”, foi formulado para ser un smartphone de gran calidade e altas prestacións a un prezo competitivo. Ademais, sacou ao mercado novas versións dos seus modelos xa consolidados: os Omega 5 e Delta 4.

O Sigma conta con pantalla HD IPS/OGS de 5″ (127 mm), o que permite obter imaxes de gran nitidez, brillo e contraste. Incorpora a última versión do sistema operativo Android, o 4.4 Kit Kat, que consegue optimizar ao máximo os recursos, a arquitectura e prestacións do smartphone para unha maior rapidez nos procesos cun menor consumo de batería.

O seu procesador Quad Core de 1,3 Ghz. fai que calquera aplicación se execute a gran velocidade, xa sexa de ofimática, un xogo ou calquera vídeo… ademais de contar con 1 GB de memoria RAM e 16 GB de capacidade de almacenaxe interna.

Ademais, incorpora o sistema NFC (tecnoloxía de comunicación sen fíos, de curto alcance e alta frecuencia, que permite o intercambio de datos entre dispositivos) e dúas cámaras, a posterior de 13 mpx con sensor Sony e de 2mpx a frontal.

Como os seus antecesores, conta con 3G, Wifi/n de alta velocidade, Bluetooth 4.0, GPS (funciona, de forma independente, sen consumo de datos) e sistema Dual SIM para albergar dúas liñas telefónicas.

Finalmente, ofrece de regalo unha carcasa adicional con flip-cover, un protector de pantalla e unha batería adicional de 2300 mAh.

Omega 5

Primux acaba de sacar ao mercado tamén a quinta xeración do Omega, o máis veterano dos smartphone da empresa galega xunto co Alpha. Segundo a empresa, trátase dun smartphone xa consolidado no mercado e moi demandado polo seu gran tamaño (5,5″), as súas boas prestacións e o seu prezo axustado.

O Omega5 monta unha pantalla moi lixeira de alto contraste IPS/OGS de 5,5″ (139,70mm) e procesador Quad Core de 1,3 Ghz., especialmente formulado para axilizar as aplicacións de ofimática e mover con axilidade vídeos e xogos. O procesador compleméntase con 1 GB de memoria RAM DDR3 e 16 GB de capacidade de almacenaxe interna, ampliables a 32 GB mediante tarxeta microSD.

Dispón de conexión 3 G, Wifi/n de alta velocidade, Bluetooth 4.0, GPS que funciona de forma autónoma sen depender da conexión 3 G e sistema Dual SIM para albergar dúas liñas telefónicas independentes. Dobre cámara de fotos, sendo a frontal de 1,3mpx (pode usarse como webcam) e a traseira de 13mpx. E para mover todo isto, o Omega5 incorpora unha batería de 2800 mAh que alimenta a todos estes dispositivos durante moitas horas sen necesidade de recargala.

En canto ao software, dispón de Android 4.4 Kit Kat, a última versión do sistema operativo Android, que optimiza ao máximo os recursos, a arquitectura e prestacións do Omega5 para unha maior rapidez nos procesos cun menor consumo de batería.

E como xa é habitual en Primux, tamén ofrece de regalo unha carcasa adicional con flip-cover, un protector de pantalla e unha batería adicional de 2800 mAh.

Delta 4

A cuarta xeración do pequenno da familia Primux evolucionou, pero non perdeu o seu carácter nin a súa concepción orixinal: ofrecer todas as prestacións que un usuario medio pode demandar dun teleÏfono intelixente de última xeración de tamaño reducido pero a un prezo do máis axustado.

O Delta4 presenta unha pantalla IPS de 4″ (101,60mm); un procesador Quad Core de 1,3 Ghz., que move con soltura calquera aplicación; 1 GB de memoria RAM DDR3 e 4 GB de capacidade de almacenaxe interna, ampliables a 32 GB mediante tarxeta microSD.

3G, Wifi/n de alta velocidade, Bluetooth 4.0, e sistema Dual SIM para albergar dúas liñas telefónicas independentes. Dobre cámara de fotos, sendo a frontal de 1,3mpx (pode usarse como webcam) e a traseira de 8mpx. autofocus con tecnoloxía HDR e ZSD, ademais dunha batería de 1400 mAh que lle outorga unha excelente autonomía.

O seu GPS interno actúa de forma independente sen necesidade de depender a cobertura 3G e non consume datos. Instalando calquera aplicación de navegación, o Detla4 convértese nun auténtico navegador GPS.

En canto ao software, dispón de Android 4.4 Kit Kat, a última versión do sistema operativo Android, que optimiza ao máximo os recursos, a arquitectura e prestacións do Delta4 para unha maior rapidez nos procesos cun menor consumo de batería.

Ao igual que os outros modelos, ofrece de regalo unha carcasa adicional con flip-cover, un protector de pantalla e unha batería adicional de 1400 mAh.