Primux prepara o lanzamento dos seus novos smartphones

A empresa galega Primux Tech, situada en Tecnópole, presentará proximamente os seus novos smarthphones Delta2, Alpha3 e Omega3. Segundo destaca a empresa, trátase de dispositivos libres con todos os servizos e avances tecnolóxicos e por un prezo alcanzable.

n
n

nOs novos móbiles de Primux presentan, como características comúns, dual sim (dúas liñas telefónicas independentes no mesmo terminal), sistema operativo Android 4.2.2, GPS interno (independentemente da conexión de datos, pódese usar o smartphone Primux Tech como navegador GPS) e equipamento 3G, Bluetooth, wifi/n, dobre cámara, etc.
n
nO Primux Tech Delta2, o irmán pequeno da familia, dispón dunha pantalla de 3,5", 4 XB de memoria flash (ampliable a 32 XB mediante tarxeta microSD), 512 MB de memoria RAM DDR3 e unha batería de 1.100 mAH que lle confire unha autonomía en espera de 7 días.
n
nPola súa banda, o Primux Tech Alpha3 é o smartphone máis versátil. O seu antecesor, o Alpha2, foi o máis demandado da gama Primux Tech polos usuarios. Dispón dunha pantalla IPS de alta resolución de 4,5", 8 XB mb de memoria flash (ampliable a 32 GB mediante tarxeta microSD), 1 XB de memoria RAM DDR3 e unha batería de 1.600 mAH que permite un uso prolongado a pleno rendemento se ter que recargala.
n
nE por último, o Primux Tech Omega3, é o irmán maior e o máis parecido a unha tablet. Dispón dunha pantalla IPS de alta resolución de 5,3", 8 XB mb de memoria flash (ampliable a 32 GB mediante tarxeta microSD), 1 XB de memoria RAM DDR3 e unha batería de 2.300 mAH, de longa duración.
n
nSegundo a empresa, á súa gama de prezos competitivos -o custo dos terminais parte de 69 euros- únese a vantaxe dun servizo técnico que repara ou substitúe o terminal e llo devolve ao usuario nun prazo máximo de 72 horas.

n