Primux lanza un portátil 360º que se converte en tablet

Tras o éxito obtido co lanzamento do Notebook 1401, o primeiro portátil concibido integramente en España, Primux volve sorprender o mercado cun novo produto deseñado no seu centro de I+D de Tecnópole. O Tour 1101 é un portátil que, grazas á súa pantalla táctil e xiratoria a 360º, convértese en tablet.

Primux mantén o seu convenio coas norteamericanas Microsoft e Intel® no desenvolvemento deste novo dispositivo, que integra Windows 10 e un procesador AtomTM. Segundo a compañía, é ideal para estudantes, para os que traballan mentres viaxan ou para uso doméstico, grazas ao seu pequeno tamanfio (menos de 30 x 20 cm), a súa pantalla de 11,6 polgadas e un peso que non chega aos 1500 gramos.

A súa pantalla táctil ten 10 puntos de capacitiva e resolución HD. Ademais, permite o uso dun rato USB, xa que ten un porto 2.0 e outro 3.0. A súa memoria interna é de 32GB porque o sistema operativo facilita moito o almacenamento na nube e engade a opción de usar tarxetas microSD de ata 64 GB.

Permite un alto nivel de conectividade ao incluír non só conexión WiFi, senón Bluetooth 4.0, o que facilita a transmisión de información entre dispositivos próximos. Tamén integra un porto mini HDMI co que se pode conectar con televisores, cámaras ou monitores e tanto o teclado como o touchpad poden activarse e desactivarse cun botón lateral on/off.

Outro dos seus puntos fortes é a súa bateriÏa de 10.000 mAh, que ofrece unha autonomía de ata 8 horas. Tamén integra unha cámara de 0,3 Mpx que permite realizar fotos e videochamadas a través de calquera servizo.

O Tour 1101 está xa dispoñible en tendas de varios puntos de España e a través da tenda online da marca, cun prezo suxerido de venda de 269 euros.

(Fonte: Primux)